Profile((POESIA GALEGA))PhotosBlogLists Tools Help

Blog


    En obras...

    Durante os meses do verán vamos estar en obras para poder ofrecervos unha web moitisimo mellor. Ademáis faremos unha presentación da web os medios de comunicación galegos e as institucións. Dentro de menos de dous meses teredes máis información sobre a web www.poesiagalega.com

    POESIA DO MES DE XULLO

    CINZAS TRALAS CORTINAS

    As cinzas do día agocháronse tralas cortinas.
    No silencio da noite, no recreo desta vida,
    aínda os meus oídos pitan a grave inxustiza
    que atormenta ó inferno que me toca a escondidas.


    Un feitizo de bruxería me engule no sono,
    onde eu paseo leda lonxe da realidade.
    A pesares de todo, logro acariciar o toxo
    que para min un día foi a rosa da soidade.


    Xa no corazón desta fraga o sol quenta o corpo,
    a brisa xoga e esperta a mente e a fantasía.
    A auga do río refresca o meu cándido rostro...
    Mais o frío puñal do xeo rematará coa alegría.


    Nun segundo o tempo vólvese unha besta feroz.
    os relámpagos, tronos, a choiva, o frío, o vento...
    bágoas, gritos, golpes... encollen o meu corazón.
    Auga que esconde o inferno, auga bendita do demo.


    Tórnanse moradas as moitas nubes do ceo,
    e as pingas me corroen as entrañas sen compaixón.
    Intento escapar, correr... non podo, teño medo...
    ¿e se polo intento de escapar trabuco a ocasión?


    Un estrondo logra espertarme, outra vez é día.
    Meu marido ó meu carón, durme en honor á harmonía,
    mentres eu busco a miña alma e o meu corpo con vida,
    e agocho, coma que non o ve, as cinzas tralas cortinas.

     

                                              Marta Ramos Mallo

                                         A Coruña 1986

     

     

    Esta poesía de Marta Ramos foi a elixida para ser a poesía do mes de Xullo en www.poesiagalega.com

    POESIA GALEGA

     
     
     
    Entra na páxina para poder leer todas as poesías e poder disfrutar da nova poesía galega, feita por escritores noveis galegos. Se che interesa publicar a tua poesía en galego ainda que non o sexas, escribemos que a traducimos o galego, para que poidas participar en www.poesiagalega.com. Se queres deixar algun comentarios sobre a páxina podelo deixar aqui. Recorda que con todo isto non sacamos ningun beneficio economico.                                             

    Nova poesía galega

     

           Este portal ten como obxetivo dar a coñecer as inquedanzas poéticas galegas no século XXI. Non ten caracter comercial de ningún tipo. Dende este espazo pretendemos contactar con escritores que queiran mostrar a súa obra poética, calqueira que sexa a súa temática. Non fai falta ser un gran escritor para publicar a túa obra aquí, basta con ter afición.                                                                          

    Fai pouco que comezamos, e pouco a pouco vamos crecendo. Se escribes e queres expoñer a túa obra ponte en contacto con nós. Se o teu idioma é o castelán, ponte en contacto con nós e traduciremos a tua poesís o galego, para que asi poidas publicala na nosa páxina. Dirixidevos a nós a:                                 

     

     

     

     

           Administracion@poesiagalega.com